Política de Privacidade

O obxectivo da presente política de privacidade é achegarlles ás nosas persoas usuarias a seguridade e as garantías esixibles pola normativa de protección de datos para o tratamento dos seus datos. Por iso che recomendamos que leas atentamente a presente política de privacidade.

Cando accedes á web adquires a condición de persoa usuaria e tamén cando te subscribes e/ou rexistras en calquera dos formularios dispoñibles ou a través das distintas formas de contacto.

Esta política de privacidade, xunto co “Aviso legal e as condicións de uso” e a “Política de cookies” regulan o uso da web www.nonnosxulgues.gal e, por tanto, a relación entre INSTITUTO GALEGO DE XESTIÓN PARA O TERCEIRO SECTOR (IGAXES), en adiante tamén o Responsable, e a persoa usuaria.
A tal efecto informámosche de que o responsable do tratamento e o espazo web é INSTITUTO GALEGO DE XESTIÓN PARA O TERCEIRO SECTOR (en adiante, IGAXES), con CIF G15784978, con domicilio social na Rúa do Valiño 63-65, 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña), inscrita no rexistro de Asociacións co nº 621/2001 e no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia co nº E4857.

Concretamente na presente Política de Privacidade regúlase o tratamento de datos de carácter persoal das persoas usuarias, levado a cabo polo responsable quen garante que tratará os datos conforme o disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RGPD), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e na lexislación en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico. (LSSICE).

A visita a www.nonnosxulgues.gal como persoa usuaria non sempre supón a recollida de datos de carácter persoal, pero informámosche de que, cada vez que visitas a web www.nonnosxulgues.gal, recollemos directamente, ou a través de terceiros prestadores de servizos, información de forma automática, referida ao dispositivo desde o que te conectas e outros datos da túa conexión, cuxa finalidade non é identificarte de forma individualizada.

Non obstante, no caso de que nos comuniques datos de carácter persoal a través de calquera dos formularios accesibles, os teus datos serán tratados de acordo ao disposto na normativa de aplicación e de acordo co establecido na presente política de privacidade.

1. Que tipo de información tratamos?

Tratamos información técnica e información sobre a túa visita, que obtemos durante a túa navegación, tal e como a que se relaciona a continuación:

O tipo e a versión do buscador
Os servizos que visualizaches ou buscaches
Información sobre a interacción que realizaches nas páxinas
Información derivada do teu permiso na utilización de cookies para as finalidades que das mesmas se deriven, de acordo ao disposto na política de cookies.
En relación ás cookies e outras tecnoloxías similares, como por exemplo os pixels, informámosche detalladamente na “Política de cookies”, pero queremos informarche de que o responsable de www.nonnosxulgues.gal non toma decisións automatizadas sobre personas nin elaboramos perfís de forma que se produzan efectos xurídicos sobre as persoas usuarias.

2. Cando e como tratamos datos de carácter persoal?

Recabamos datos que as persoas usuarias nos facilitan asinando a petición da campaña mediante o formulario de apoio. Estes datos considerámolos recabados da persoa interesada, quen declara que son veraces e que comunicará calquera modificación que nos mesmos se produza, e serán tratados de conformidade co disposto na normativa vixente en protección de datos de carácter persoal.

Recollida de datos e tipo de datos
Quen facilita os datos, cando participa nalgunha campaña ou asina algunha das nosas peticións, consideramos que é titular dos mesmos e polo tanto responsable da súa veracidade e exactitude, e resultan obrigatorios todos aqueles marcados con asterisco ou tipificados como “requirido”. A persoa usuaria debe ser maior de 18 anos, do contrario Igaxes pode non atender a súa petición.

Fin do tratamento
Xestionar a remisión das comunicacións vía telefónica, vía correo electrónico ou vía correo postal destinadas a informarte das nosas campañas e das actividades que levamos a cabo na defensa dos nosos fins fundacionais e tamén para recabar fondos e así facelos posibles.

Base xurídica e criterios de conservación dos datos
Os datos trátanse como consecuencia da acción inequívoca da persoa interesada que presta o seu consentimento e conservaranse mentres exista un interese lexítimo en relación ao fin do tratamento e/ou mentres exista un interese mutuo para manter o fin do tratamento, suprimíndose de forma que se garanta a seudonimización dos datos, ou a súa destrución cando xa non sexan necesarios para o fin que motivou o seu tratamento.

Comunicación dos datos
Os datos non se comunicarán a terceiros, agás obriga legal e/ou no cumprimento dunha obriga contractual.

Dereitos que asisten a persoa usuaria
A persoa interesada ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, así como o dereito de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu tratamento ante o responsable no enderezo Rúa do Valiño 63-65 – 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través do email igaxes@igaxes.org e a presentar unha reclamación ante a Autoridade de control (www.aepd.es), se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

IGAXES tamén recaba información a través de redes sociais accesibles desde a páxina web, dispoñibles e accesibles para as persoas usuarias de internet e no noso compromiso está a utilización de información anónima ou cos consentimentos adecuados. Porén, estas redes sociais dispoñen das súas propias políticas de privacidade nas que detallan como tratan a información e con quen se comparte. Por iso che recomendamos revisar con detalle estas políticas para a propia seguridade dos teus datos.

3. Que medidas de seguridade aplicamos?

O Responsable na aplicación das medidas de seguridade terá en conta o previsto no artigo 85.2 do RGPD para o tratamento realizado con fins sociais e fundacionais, en relación aos principios, os dereitos, as obrigas do responsable e do encargado do tratamento, as transferencias internacionais de datos a terceiros países, etc., sempre que sexan necesarias para conciliar o dereito á protección dos datos persoais e o interese lexítimo de Igaxes.

Por suposto, garantir a seguridade dos datos é un dos obxectivos de Igaxes, que, en conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, comunícache que aplica as disposicións establecidas tanto no RGPD como na Lei Orgánica 3/2018 e a normativa vixente de aplicación.

Estas medidas están encamiñadas a garantir a aplicación dos principios de protección de datos de carácter persoal polos cales os datos deben ser tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación coa persoa interesada e adecuadamente, con pertinencia e limitados ao estritamente necesario en relación cos fins para os que son tratados.

Por iso, o Responsable implementa políticas técnicas e organizativas axeitadas en relación coas medidas de seguridade e co fin de protexer os dereitos e liberdades das persoas usuarias.

4. A quen lle comunicamos os datos?

Tal e como indicamos no cadro relativo ao tratamento dos datos de carácter persoal, reiteramos o noso compromiso de non comunicar directamente datos de carácter persoal a terceiros, salvo que sexan persoas socias, proveedoras, contratistas e outras prestadoras de servizos que nos axudan na xestión, prestación e mellora dos nosos servizos, cumprindo as esixencias legalmente establecidas.

Colaboran:

Estudio de diseño
Estudio de diseño Piedrapapeltijera

ADIF – GADIS – Concello A Coruña – Concello A Estrada – Concello Ames – Concello Baiona – Concello Bueu – Concello Cambados –  Concello Cangas do Morrazo – Concello Carballo – Concello Cerceda – Concello Chantada – Concello Culleredo – Concello Ferrol – Concello Gondomar – Concello Lalín – Concello Lugo – Concello Marín – Concello Moaña – Concello Monforte – Concello O Barco de Valdeorras – Concello O Carballiño – Concello O Grove – Concello Oleiros – Concello Ordes – Concello Oroso – Concello Ourense – Concello Poio – Concello Ponteareas – Concello Pontevedra – Concello Redondela – Concello Ribeira – Concello Santiago de Compostela – Concello Sanxenxo – Concello Silleda – Concello Sober – Concello Teo – Concello Tomiño – Concello Trazo – Concello Tui – Concello Val do Dubra – Concello Vilaboa – Concello Vilalba – Concello Viveiro – Mancomunidade Comarca Ordes – Marineda City – Centro Comercial Los Rosales – Centro Comercial Cuatro Caminos – Centro Comercial Odeón – Centro Comercial As Cancelas – Centro Comercial Ponte Vella – Centro Comercial A Barca – Centro Comercial Pontiñas

Política de privacidad  –  Política de cookies  –  Aviso legal

 

© 2021. Igaxes.